A compra de Goiáns só supuxo 600 euros para as arcas municipais

    repostaconcellopazogoians.jpgBOIRO> O goberno non tardou en responder ás acusacións realizadas polos grupos da oposición relativas ó dispendio de fondos no pazo de Goiáns

    {flowplayer}barbanza/concelloboiropazogoians.flv{/flowplayer}

    O alcalde, Xosé Deira, amosouse especialmente molesto coas acusacións formuladas polo PP e IC Boiro sobre o desvío de fondos cara o pazo de Goiáns. O rexedor aclarou que tanto a adquisición do pazo como as actuacións que están proxectadas son posibles grazas ás achegas doutras administracións.

    Da mesma opinión é o representante do grupo socialista do goberno que tamén acusa á oposición de mentir ó afirmar que os fondos para o proxecto de abastecemento de Cabo de Cruz destináronse ó pazo.

    En definitiva, dende o executivo apelan a unha maior seriedade no desempeño da política e instan ó voceiro dos populares a mediar ante os seus compañeiros de partido na Xunta que, din, ten discriminado ó concello de Boiro.

    Redacción Barbanza