O CD Ribadumia celebrará o seu torneo de fútbol base ao longo de tres semanas

172

RIBADUMIA> O Ribadumia vai celebra-lo seu torneo de fútbol base ó longo de tres semanas. A primeira das probas, a de categoría prebenxamín vaise celebrar xa nesta fin de semana: van participar 17 equipos.

Xa está aquí a quinta edición do torneo de fútbol base do Ribadumia. Vaise celebrar ó longo de tres semanas, coa participación de medio cento de conxuntos. A competición ten este ano un carácter internacional: nel participan catro equipos portuguses. Desta volta, o torneo divídese en tres categorias.

O evento arranca xa este mesmo sábado. A partir das 10 da mañá vanse dar cita no campo da Senra 17 combinados da categoría prebenxamín. A presentación do acto contou co respaldo do alcalde da localidade. Para David Castro, o torneo refrenda o intenso traballo que o equipo ribadumiense fai cos rapaces. O prazo para prebenxamín xa rematou. No caso das outras categorías, vaise pechar na semana anterior á celebración de cada proba.