POBRA> Segundo os nacionalistas estas dúas actuacións poderían incluirse na relación de obras con cargo ó POS da Deputación da Coruña para o vindeiro ano 2011.
{flowplayer}barbanza/bngpobracovechalamaseandres.flv{/flowplayer}
As reiteradas queixas dos veciños destas dúas zonas e a negativa do concello a desenvolver unha actuación integral nas mesmas, fai que os nacionalistas volvan a realizar esta solicitude. Segundo a voceira desta formación política, Rosana Pérez, estas dúas melloras poderían ser incluídas na relación de obras que o executivo levará a cabo con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para o ano 2011 no que a este concello lle corresponden máis de 205 mil euros.
Urbanización Lamas y Andrés
No caso da urbanización Lamas e Andrés, os nacionalistas volven a criticar o estado de abandono que presenta a zona, dende os espazos verdes á pista polideportiva alí existente, pasando polo deficiente firme da rúa ou a falla de contedores.
A Covecha
Unha situación semellante á que se pode ver na zona da Covecha, concretamente no espazo comprendido entre o edificio de usos náuticos e as pistas deportivas. Segundo os nacionalistas os contedores de lixo presentan unha imaxe deplorable e de falla de abandono, o estado do firme non é o máis axeitado, así como a deficiente sinalización e o escaso alumeado.
Redacción Barbanza