SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación o vindeiro día 21

    sanidadepublica copia100.jpgVILAGARCÍA> Será ás 12:00 na Alameda de Santiago e Plataforma e Sindicatos habilitarán autobuses gratis para tódolos interesados.

    {flowplayer}images/salnes/plataforma_hospital_unico.flv{/flowplayer}

    Sindicatos, Plataforma SOS sanidade pública e o Concelleiro de Cultura de Vilagarcía de Arousa están de acordo en que para defender á Sanidade Pública contra a privatización, hai que lograr unha gran mobilización social da cidadanía. Son moitas as razóns que, segundo Castro Ratón, levan a mostrar a oposición a este grave deterioro do sistema sanitario e a política da Consellería de Sanidade. Por exemplo, cualificou de tomadura de pelo do PP, as declaracións de Tomás Fole e Marta Rodríguez, cando aseguran que hai un millón de euros destinados a ampliar o servizo de urxencias en Vilagarcía.

    Asegura o Edil que todo é un plan, unha estratexia para enredar e perder tempo ata chegar á privatización que pretende o PP. Por iso, convoca a asistir á manifestación na Alameda de Santiago de Compostela o vindeiro día 21. Para facilitar a asistencia, haberá autobuses gratuítos, mediante reserva.

    A Plataforma realizará sesións informativas para explicar a fondo os plans da Consellería de Sanidade e as consecuencias das súas medidas. O xoves dezaoito, no Auditorio Municipal, o sábado no entorno da Praza e a través da súa páxina web www. sos-sanidadepublica.org.

    Redacción Salnés