Os casos activos de covid en Noia evolucionan favorablemente

NOIA> Segundo informaron dende o propio Concello, o número de positivos detectados durante os cribados realizados en varios centros educativos do municipio permitiron frear a cadea de contaxios.

O alcalde, Santiago Freire, confía en que esta situación faga diminuír progresivamente o número de casos activos e por conseguinte a incidencia.

Por esta razón, vendo esta previsión favorable, cunha progresiva diminución dos casos, o Concello decidiu manter polo de agora a programación deseñada de cara as próximas datas de Nadal.

Aínda así o alcalde, apela á responsabilidade e a seguir extremando as medidas de protección.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí