A retirada da rede de saneamento do areal de Barraña rematará en maio

    retiradasaneamentobarrana_100_10022010.jpgBOIRO> Xa comezou a retirada das canalizacións soterradas na praia boiresa de Barraña para o seu traslado fóra do areal. As novas instalacións irán baixo o paseo marítimo.

    Trátase dun proxecto de gran envergadura, dividido en dúas fases cuxo prazo de execución quedou establecido en seis meses. A actuación que vén de iniciarse nesta semana é a retirada dos canos da rede de sumidoiros que ata o de agora permanecían soterrados no areal de Barraña e que serán instalados baixo o paseo marítimo de Barraña dende a zona das Colonias ata o peirao de Chouza.

    Asemade, substituiranse as tubaxes deterioradas co paso do tempo por outra cun diámetro máis amplo co que se evitarán os vertidos que viña acontecendo ata o de agora.

    {flowplayer}barbanza/retiradasaneamentobarrana.flv{/flowplayer}

    Inspeccionando o comezo das obras estiveron representantes do Ministerio de Medio Ambiente e Augas de Galicia e técnicos de las empresas adxudicatarias, Espina y Delfín e Vías y Construcciones. Para evitar que o groso dos traballos se desenvolvan durante os meses de verán, a intención da empresa adxudicataria é rematar a colocación das tuberías no mes de maio.

    A partir de ese momento iniciaríase a segunda fase do proxecto ca instalación dun tanque de tormentas na zona do peirao de Chouza, un espazo que recibe menor afluencia de bañistas.

    O proxecto está orzamentado en catro millóns de euros, dos a Consellería de Medio Ambiente da Xunta aporta tres millóns. O resto da financiación sae das arcas do Goberno Central.

    Redacción Barbanza