BOIRO> Iniciadas as obras de rehabilitación da casa da cultura de Boiro, un dos proxectos máis ambiciosos do concello. A actuación, cun orzamento próximo ós catro millóns de euros, suporá a renovación integral do actual inmoble, emprazado no parque da Cachada.
Esta semana daban comezo os traballos para a rehabilitación da Casa da Cultura de Boiro. O proxecto suporá a transformación do centro que ampliará a súa superficie ata os tres mil metros cadrados para adaptarse ás novas necesidades da instalación que acollerá, ademais do auditorio, a biblioteca e a área administrativa.
No que respecta ó auditorio, principal protagonista da reforma, contará cun aforo de 535 espectadores, un 46 por cento máis ca o actual. Destaca tamén a súa versatilidade permitindo un uso flexible con diferentes ocupacións segundo a natureza dos actos que acolla.
O novo edificio contará ademais con accesibilidade universal e un sistema de cualificación enerxética A reducindo as emisións mediante sistemas de baixo consumo e instalación de paneis fotovoltaicos. O orzamento total da reforma, que cona co financiamento do goberno central, ascende a 3’8 millóns de euros.











