A patronal de Ribeira busca o compromiso das administracións para financiar o polígono

RIBEIRA>  Os empresarios de Ribeira mantiñan esta mañá unha xuntanza para analizar o estado actual da tramitación do polígono. Urxen que se axilicen os prazos dun proxecto vital para Ribeira que leva máis de tres décadas co chan industrial esgotado.

A aprobación do proxecto de urbanización e a busca de financiamento para a construción do polígono foron algúns dos temas tratados na reunión da asociación de empresarios que insta ó goberno a axilizar os trámites para poder contar canto antes con terreos para a ampliación das empresas.

Neste punto dende a oposición amósanse moi críticos coa xestión desenvolvida polo actual goberno ó que acusan de descargar responsabilidades sobre a Xunta en lugar de asumir o compromiso de desenvolver un proxecto de competencia municipal.

Neste sentido, a  voceira do PP lamenta que o concello tan só solicitara  600 mil euros pudendo ter conseguido un millón, tal e como establecían as bases da convocatoria.