Os mariscadores denuncian represalias por opoñerse ás gardas nocturnas

    protestamariscadoras.jpgBOIRO> Tras anos de calma, a polémica volve salpicar á confraría de Cabo de Cruz polo conflito xurdido a raíz das gardas nocturnas.

    {flowplayer}barbanza/protestamariscadorescabo.flv{/flowplayer}

    Malia que a directiva da agrupación de mariscadoras ordeou suspender a actividade hoxe e mañá polo mal estado da mar, un grupo de traballadoras decidiron baixar a faenar posto que non existía comunicación da Consellería do Mar. Sen embargo, unha vez na praia recibiron a orde de sementar de novo o marisco e volver a terra.

    Represalias

    Algunhas traballadoras consideran que se trata medida de presión que se vén sumar ós insultos e ameazas que denuncian. Ata o momento, levan recollidas 121 sinaturas en contra da realización de tarefas de vixilancia durante a noite. Entenden que é unha labor perigosa pola que debe ser asumida por profesionais. A intención dos traballadores era asumir a contratación dos vixilantes con cargo ó fondo da agrupación, resultante da venda dos excedentes de marisco.

    Trala concentración ante a delegación de Pesca, os traballadores mantiveron un encontro co delegado comarcal que informou que dende a Xunta non se emitira resolución contraria á xornada de traballo. Mañá, os mariscadores manterán unha reunión con representantes da Consellería do Mar que mediarán neste conflito. 

    Decisión obxectiva

    {flowplayer}barbanza/respostapatronmaiorcabo.flv{/flowplayer}

    Pola súa banda, o patrón maior do pósito crucense explicou que a decisión de non saír a traballar baseouse en criterios obxectivos posto que había unha marea moi curta e mar de fondo, que no caso de remover o marisco podería ocasionar danos.

    Con respecto ás gardas nocturnas, dende a directiva entenden que a negativa a realizalas responde a criteiros económicos posto que son tarefas non remuneradas.

    Carmelo Vidal entende que tódolos traballadores deberían colaborar no control do furtivismo en épocas especialmente difíciles como esta. Insiste en que as gardas non son definitivas e en canto ós supostos riscos que entrañan explica que os mariscadores non teñen que enfrontarse ós furtivos senón que deben limitarse a dar aviso da súa presenza nos areais.

    Redacción Barbanza