A XII concentración ‘Sen Frenos’ congregará a preto de mil motos na Pobra

A POBRA> Preto de mil motos concentraranse no Paseo dos Areos da Pobra entre o 16 e o 17 de maio. A decimo segunda edición da concentración moteira ‘Sen Frenos’ promete espectáculo e diversión para os amantes do motor.

O ruxido dos motores volverá soar na Pobra a fin de semana do 16 e o 17 de maio cando se celebrará no municipio a decimo segunda edición da concentración moteira ‘Sen Frenos’.

O programa inclúe innumerables propostas como exhibicións,  rutas pola comarca, monólogos e concertos así como unha ampla oferta gastronómica para os asistentes.

O prezo da inscrición é de 45 euros incluíndo tódolos servizos. Dende a organización agardan reunir a preto de mil motoristas nesta cita que terá como base o paseo do Areal.