BARRO> Unha saída de vía provocou que un turismo chocase contra a mediana. O outro vehículo implicado golpeoulle por detrás.
{flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_BARRO.flv{/flowplayer}
O accidente tiña lugar pasada as cinco e media da tarde. Un dos vehículos implicados, un peugeot vermello, circulaba en dirección a Santiago cando ó chegar ó quilómetro cento dezasete da AP9, á altura do concello de Barro, saíuse da vía polo marxe esquerdo o que provocou que chocara contra a mediana. Golpeou de novo contra a barreira de seguridade e contra o marxe dereito.
Nese intre, outro vehículo que circulaba tamén en dirección a Santiago, un Nissan Almera de cor azul, ó non darlle tempo a reaccionar, golpeouno por detrás.
A pesares de que ambos vehículos quedaron en bastante mal estado, segundo informaron desde a Garda Civil non houbo feridos de gravidade. No primeiro viaxaba unha moza co seu can que resultaron ilesos.
Pola contra, tanto o piloto coma o copiloto do segundo turismo, ambos de mediana idade, tiveron que ser trasladados a Montecelo, cun diagnóstico inicial leve.
Redacción Salnés