‘Un Plan de Xestión para solucionar o problema do encoro de Caldas’

    XUNTANZA_PP_PONTEVEDRAcopy.jpgPONTEVEDRA> O Conselleiro de Medio Ambiente criticou, ademais, a pasividade do alcalde do concello nesta problemática.

    {flowplayer}images/salnes/PP_PONTEVEDRA_UMIA.flv{/flowplayer}

    Con rigor, transparencia e sen alarmismo. Así cualificou o membro do comité executivo do PP Provincial de Pontevedra e Conselleiro de Medio Ambiente o traballo que está a levar cabo a Xunta con respecto á problemática do encoro de Caldas.

    Así o manifestaba na xuntanza que mantivo esta fin de semana cos alcaldes das comarcas do Salnés e Caldas. Agustín Hernández acusou ó alcalde deste municipio de tentar crear unha fractura social e obter réditos políticos.

    Pola súa parte, o Presidente do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, destacou que a vontade do actual do goberno da Xunta contrasta coa pasividade do anterior goberno autonómico e do PSOE de Caldas.

    Agustín Hernández informou que as actuación que van levar a cabo están orientadas a potenciar a calidade da auga do Umia, evitar que se repita esta situación e reforzar o papel do encoro. Para elo deseñaron un Plan de Xestión Integral da conca do Río Umia.

    Agardan que este Plan se poida aplicar no primeiro trimestres do ano 2011 e rematar definitivamente coa problemática do encoro da Baxe en Caldas.

    Redacción Salnés