![]()
SALNÉS> Supostamente, a banda traballaba en Cambados, na parroquia de Corbillón. Dende alí distribuían a droga a todo o territorio español.
{flowplayer}images/salnes/INCAUTACIONS_OPERACION_MEDUSA.flv{/flowplayer}
10 kg de cocaína, unha prensa hidráulica, vehículos de alta gama e cartos en efectivo, foron algúns dos obxectos intervidos pola Garda Civil no marco da operación Medusa. Ademais, as investigacións permitiron a desarticulación dun dos maiores laboratorios de manipulaicón de cocaína a nivel galego en Cambados, na zona de Corbillón. As investigacións remataron tamén con 10 persoas detidas.
As investigacións iniciáronse a finais do ano pasado; unha primeira fase que se saldou coa detención escalonada de seis persoas. Segundo a Garda Civil, estas primeiras intervencións terían posto en alerta á banda, que diminuíu a súa actividade. Na actualidade, son oito persoas, sete españois e un panameño, as que permanecen no cárcere. Catro deles, veciños de Cambados, Vilanova e Vilagarcía, pasaron a disposición xudicial onte no xulgado de instrución número 3 da capital arousá. Dende alí, foron trasladados a prisión. Entre eles figuraría o que as investigacións sinalan como suposto cabecilla da banda.
Neste laboratorio, situado nun edificio próximo á vivenda do suposto cabecilla, era onde trasladaban e adulteraban a droga para obter unha maior cantidade.
Alí, a Garda Civil incautouse de 7 kg e medio de cocaína de elevada pureza, que podería acadar un valor de 260 mil euros e de ó redor dos 400 mil euros unha vez adulterada. No laboratorio de Corbillón, a banda volvía envasar a cocaína ó baleiro e a distribuía a todo o territorio español, empregando en moitos casos falsos fondos nos automóbiles. No rexistro destas instalacións, tamén foron intervidas 3 escopetas e unha carabina.
A investigación xudicial continúa aberta, dirixida polo Xulgado de Instrucción número 3 de Vilagarcía e polo Fiscal Antidroga de Pontevedra, e a cargo do Equipo contra o Crime Organizado da Unidade Central Operativa da Garda Civil pontevedresa.
Redacción Salnés







