Un euro por cada sinatura nas velas de Central Lechera Asturiana

    foto_sinaturas_meano_100.jpgMEAÑO> 25.000 millas, 25.000 sinaturas. É o nome da campaña, pero tamén o seu obxectivo. O patrón do Central Lechera Asturiana colabora nesta campaña ca AECC.

    {flowplayer}images/salnes/merediz_meano.flv{/flowplayer}

    A Asociación Española contra o Cancro e o regatista Juan Merediz, traballan xuntos para acadar un euro por cada sinatura estampada nas velas do barco de Merediz, que participará na Barcelona World Race.

    O Central Lechera Asturiana é o barco patroneado por Juan Merediz. Aproveitando que leva a cabo a súa preparación para participar na Barcelona World Race, en Sanxenxo, colabora ca sede da Asociación Española contra o Cancro, desta vila. Xuntos, pretenden recadar vinte e cinco mil euros, un por cada sinatura, un por cada milla da volta ao mundo.

    Os fondos recollidos con esta campaña irán destinados á xunta nacional da Asociación contra o Cancro, como de costume, para investigacións e difusión da súa labor.

    Esta maña, os alumnos e alumnas do CEIP de Covas de Meaño aprenderon de Merediz que, aínda que se tarde vinte anos, os soños, fanse realidade traballando duro.

    O patrón do Central Lechera Asturiana é o artífice da campaña. El mesmo encárgase de levar as velas aos lugares de España onde recadan sinaturas e donativos e, sen sumar as sinaturas desta mañá… xa levan un bo número delas: preto de dúas mil.

    O trinta e un de decembro Juan Merediz cumpre o seu soño de participar na volta ao mundo e nas velas do seu barco, levará estampados os desexos de miles de persoas.

    Redacción Salnés