Rodríguez Cuervo, número dous na candidatura socialista á alcaldía

    cuervo copia100.jpgVILAGARCÍA> O veterano político muda de opinión sobre a súa xubilación coa condición de non quedar apartado das decisións.

    {flowplayer}images/salnes/CANDIDATURA_PSOE_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Segundo Rodríguez Cuervo, a mediación do actual cabeza de lista socialista para os vindeiros comicios do mes de maio, Modesto Pose, foi fundamental para mudar a súa decisión inicial de retirarse da política municipal e aceptar a proposta do actual candidato.

    Deste xeito, o veterano político afrontará en maio as súas quintas eleccións municipais dentro do Partido Socialista. Unha traxectoria que foi eloxiada por Modesto Pose, que resaltou a capacidade de traballo do seu actual número dous.

    Con esta decisión, Rodríguez Cuervo desmárcase dos rumores que o relacionaban cun sector crítico co Partido Socialista de Vilagarcía actual, que estaría encabezado polo anterior alcalde, Javier Gago.

    Despois de facer público o seu número dous, Modesto Pose asegurou que o resto da lista terá que recibir o visto bo da asemblea que o partido celebrará o vindeiro martes, aínda que non quixo adiantar máis nomes dos que formarán a súa candidatura.

    Redacción Salnés