Uns 140 viños presentaranse a concurso na Festa do Viño Tinto do Salnés

RIBADUMIA> Rimadumia conta os días para que bote a andar unha nova edición da Festa do Viño Tinto do Salnés. A adega de Manuel Núñez Señoráns, gañador do Concurso da Festa do ano pasado, acolleu esta mañá a presentación oficial. Nesta cadraxésimo-sexta edición presentáronse a concurso uns 140 caldos. A calidade deste ano seica é moi alta.

A adega de Manuel Núñez Señoráns, en Leiro, acolleu a presntación oficial da edición deste ano da Festa do Viño Tinto do Salnés. Os festexos arrancan o vindeiro xoves 31 de maio, con moita troula, moita música e, como non, moito viño. Á primeira cata de viños presentáronse uns 140 viños entre autóctonos e folla redonda. O produto este ano seica é de moi boa calidade.

Os stands do viño abrirán as súas portas no mediodía do 1 de xuño. Ao día seguinte terá lugar a investidura dos valedores do viño tinto do Salnés. Nesta edición vanse nomear sete. O rexedor ribadumiense aproveitou para felicitar ós viticultores e adegueiros do Salnés o seu traballo.

O escenario para a presentación hoxe da Festa non foi casualidade. Esta adega, a de Manuel Núñez Señoráns, levou o primeiro premio da festa na edición do ano pasado. El foi un dos impulsores do evento hai 46 anos. Hoxe lembraba a cantidade de recoñecementos que colleitou en todo este tempo.

A parte musical da Festa correrá a cargo, entre outros, do Combo Dominicano, a Panorama, a Pontevedra ou a París de Noia.