Alicia Córdoba e Susana Iglesias, campionas galegas de combate

VILAGARCÍA> As taekwondistas do Olimpic de Vilagarcía foron as mellores da súa categoría nos autonómicos celebrados en Vilalba.

O pasado sábado celebrouse en Vilalba, na provincia de Lugo, o Campionato Galego Junior de Combate, que contou con 150 participantes, entre eles nove do Club Olimpic, que acadaron, como é costume, moi bos resultados.

Os vilagarciáns leváronse o subcampionato por equipos en categoría femenina, grazas en parte ós ouros de Alicia Córdoba en peso pluma e de Susana Iglesias en Semimedio. Ademais, Alicia Córdoba foi elexida como a mellor deportista femenina do evento.

No lado masculino, tiveron actuacións destacadas Jorge Argibay en Lixeiro, David Fresco en Superlixeiro, Alberto Fernández en Semipesado e Benito Fernández en Pesado. Todos eles acadaron a medalla de bronce.

A vindeira cita para os taekwondistas do Olimpic será esta próxima fin de semana, coa disputa do Open de Madrid onde participarán entre outros, o campión de Europa sub-21, Raúl Bouzas.

Redacción Salnés