Críticas e apoios á alcaldesa na asemblea xeral do PP en Sanxenxo

    ASEMBLEA_SANXENXOcopy.jpgSANXENXO> A alcaldesa asegurou que se hai outro candidato que vaia dar a maioría ó Partido Popular será a primeira en apoialo.

    {flowplayer}images/salnes/ASEMBLEA_PP_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Cunha sala repleta de afiliados e militantes, o Presidente do Partido Popular en Pontevedra xunto á actual alcaldesa de Sanxenxo presidiron onte a asemblea xeral do PP que se celebrou neste concello. Un encontro, tal e coma explicaba Louzán para analizar o traballo que se fixo ata o de agora na xestora local e o que queda fronte ás municipais do próximo ano.

    Un dos temas que máis se repetiron foi a candidatura de Catalina González. O ambiente estivo bastante caldeado e dividido en canto a opinións sobre a súa continuidade. Un deles foi o sector crítico os cales solicitaron a celebración dun Congreso Local. Segundo a alcaldesa unha asemblea que reflexa a situación que está vivindo o partido.

    Conscientes desde a dirección do partido desta ruptura interna, o Presidente do PP provincial asegurou que foi un encontro no que non se ía decidir o candidato das vindeiras eleccións municipais senón as escoitar á militancia.

    A alcaldesa manifestou a súa vontade a reunirse de novo con quen faga falta para chegar a acordos que permitan que o Partido Popular saía reforzado. E recoñeceu que se hai outra candidatura mellor será a primeira en apoiala.

    Finalmente será o Comité Electoral o que decida, tal e coma establecen os Estatutos para as poboacións de menos de vinte mil habitantes, o candidato do PP en Sanxenxo nas municipais.

    Redacción Salnés