![]()
SALNÉS> Pola súa parte, o Conselleiro de Presidencia apela á responsabilidade e di que debe ser a Xunta a que faga as negociacións.
{flowplayer}images/salnes/PLANTA_BATERIAS.flv{/flowplayer}
Os últimos en manifestar o seu interese pola planta de baterías de litio foi o Partido Socialista de Vilanova. Hoxe presentaron no concello unha moción para a adopción dun acordo dentro da corporación municipal para instar á Xunta de Galicia á que teña en conta o Polígono de Baión 1.
Consideran que é unha boa ubicación por reunir as condicións en canto a espazo, ter unha boa comunicación e atoparse moi preto da factoría de Citroën en Vigo.
Pola súa parte, o Conselleiro de Presidencia asegurou que levan en negociacións desde fai meses e que debe ser a Xunta a que faga as negociacións.
Esta previsto que a fábrica ocupe un espazo de douscentos mil metros cadrados con expectativas de xerar uns mil postos de traballo. Sexa cal sexa a ubicación, o Conselleiro de Presidencia confesou que será beneficioso para toda Galicia.
O concello de Pontevedra tamén propuxo onte ó goberno autonómico os Polígonos do Campiño- A Reigosa e o de Barro-Meis para a instalación da fábrica.
Redacción Salnés







