SALNÉS> Esta semana, no tenis de mesa descansaron practicamente tódolos equipos da comarca agás o Establecimientos Otero que caeu derrotado en Torrelavega.
Inesperada derrota do Establecimientos Otero ante o Torrelavega. Un mal partido dos tres xogadores do club cambadés supuxo unha derrota coa que non se contaba pese a que os cántabros estaban invictos neste inicio ligueiro.
O encontro principiou cunha cómoda victoria de Kazeem Ahmed sobre Andrés Pérez, por 1-3, aínda que xa nese partido o nixeriano comezou a amosarse feble por mor duns problemas estomacais.
No segundo parcial, Fernando Padín medíase a David Chamorro. Tralos dous primeiros sets o partido presentaba un empate no marcador. Na terceira manga o cambadés desperdiciou tres bolas de set, mentres que na cuarta tirou pola borda unha vantaxe inicial de 6-1.
Xa no terceiro encontro Salvador Alfonso non deu opción a Adrián Vidal ó que lle endosou un contundente 3-1. Cos cántabros por enriba no marcador, moito máis cómodos e confiados sobre a pista, as cousas foron de mal en peor para o Establecimientos Otero, que víu como fernando Padín tamén caía por 3-1 con Andrés Pérez, e que o seu mellor xogador, Kazeem Ahmed, perdía fronte a Salvador Alfonso, debido ós seu problemas físicos. Xa con todo decidido Adrián Vidal acadou o seugundo punto do equipo ante David Chamorro, ó que superou por 2-3, para finalmente deixar o global do encontro en 4-2 para o Torrelavega.
Esta derrota deixa o Establecimientos Otero en cuarta posición da xeral. No mesmo grupo, o Liceo Casino é terceiro con tres triunfos noutos tantos partidos. Os vilagarciáns non xogaron esta semana pero sí que o farán o vindeiro sábado cando reciban a visita do Club del Mar Promesas.
Redacción Salnés