Rianxo acollerá o domingo 1 de outubro a V Andaina do Barbanza

RIANXO> O Club de Montaña Vintedouspés organiza, en colaboración co concello de Rianxo, a quinta edición da Andaina do Barbanza, incluída na Liga Xunta de Galicia de Senderismo. Será o vindeiro domingo 1 de outubro. Haberá dous percorridos, un oficial de 25 quilómetros, e outro de 15. A saída está prevista para as nove da mañá dende a zona portuaria.

O percorrido nas dúas probas coincidirá en boa parte do trazado, que discorrerá  por diversos enclaves do Concello como é o caso do alto da Pena, o entorno do río Té ou a subida ó Castro Barbudo.

As inscricións estarán abertas ata o vindeiro 27 deste mes de setembro, a través da plataforma de emesports.

Aquelas persoas que o desexen tamén poderán anotarse no servizo de Deportes ou a través da web de Vintedouspés.

Prevese unha participación próxima ás trescentas persoas.

Dende a organización quixeron agradecer ó Concello a súa colaboración coa proba, así como tamén as distintas empresas e casas comerciais que coas súas aportacións fan posible o desenvolvemento desta andaina.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí