Importante empate en Baltar ante un rival de peso

FotoResumoFutbolSalnesCopia.jpg PORTONOVO> Empatou o Portonovo na casa co Alondras. O outro equipo de Terceira, o Vilalonga gañoulle ó Vilalbés a domicilio por 1 a 2.

{flowplayer}images/salnes/ResumoFutbolSalnes.flv{/flowplayer}
 
O Portonovo continúa sen coñecer a victoria na casa, aínda que onte sumou un punto ante un dos conxuntos máis potentes da categoría, o cuarto clasificado, o Alondras, co que empatou a un gol.
 
Os de Cangas foron mellores de comezo a fin. Tiveron o balón, as ocasións pero non tiveron sorte. O Portonovo iso sí fixo méritos para sumar o punto. Estivo moi ben sobre todo a nivel defensivo. Non tardaría en chegar o primeiro gol do encontro, nunha falta botada por Óscar Guimeráns, que toca na barreira e despista ó meta rival Marcos. Iban 20 minutos e ata entón os dous equipos nada fixeran en ataque.
 
O gol deu tranquilidade ó Portonovo mentres o Alondras movía e movía o coiro sen profundidade. Aínda así puido empatar antes do descanso, nesta xogada a balón parado na que Maceira fixo intervir dúas veces a un Velay moi acertado durante toda a tarde. Xa no segundo tempo o Alondras foise con todo arriba, arrinconou ó Portonovo e víronse en Baltar os mellores 45 minutos de xogo da temporada, iso sí por parte visitante.
 
O empate chegaba ó cuarto hora logo de aproveitar Aitor Gómez un gran servizo de Álex, nada puido facer Velay para impedi-lo tanto do Alondras. Á media hora do segundo tempo o Portonovo quedábase con dez pola expulsión de Portela, que víu o segundo amarelo despois dunha entrada a destempo sobre Sestelo.
 
Antes do remate do encontro veríanse dúas expulsións máis, ambos por dobre amarelo. Primeiro a de Douglas e despois a de Caloi, por parte visitante. O xogador do Alondras queixábase con razón de que o primeiro cartón non o tiña que ter visto el. Así remataba o encontro en Baltar, con reparto de puntos que lle soubo mellor ó Portonovo que ó Alondras.
 
Redacción Salnés