O Salnés botouse á rúa para festexar a victoria de España

eurocopa1_250_300608.jpgSALNÉS > A victoria de España ante Alemania na finalísima da Eurocopa non deixou a prácticamente ninguén na súa casa. Afeccionados de tódolos puntos do Salnés botáronse á rúa para festexar o histórico triunfo do combinado nacional.

Despois de case medio século de espera, a selección española de fútbol acadou unha ansiada segunda Eurocopa despois de vencer na gran final a Alemaña, con maior suficiencia da que reflicte o marcador.

Un solitario e histórico gol de Fernando Torres no minuto 33 da primeira metade desnivelou a balanza en favor dos pupilos de Luis Aragonés.

 De Cambados a Caldas, de Vilagarcía a O Grove, tódolos afeccionados ó futbol encheron ás rúas para festexar a victoria con cánticos e ondeando os milleiros de rojigualdas que onte se deixaron ver.

Esperemos non ter que agardar outros 44 anos para ver un triunfo similar dunha selección, que ademais de xogar un fútbol preciosista, demostrou que é quen de unir sentimentalmente a un país enteiro.

Redacción Salnés