O executivo e o PP enfráscanse nunha nova tormenta política

obrasmuseomarson_copia.jpgPORTO DO SON> Nesta ocasión a polémica veu provocada polo derrubamento dunha vivenda a consecuncia das obras de rehabilitación que se están a levar a cabo no futuro edificio do Museo do Mar.

{flowplayer}barbanza/obrasmuseomarson.flv{/flowplayer}

As obras de adecuación da parcela e a casa que se destinará nun futuro a Museo do Mar en Porto do Son que se executan actualmente, xunto co temporal destes días, provocou o derrubamento da parede medianeira que separaba este edificio dunha vivenda anexa. O incidente, a pesar de que no causou danos persoais, reabreu de novo a loita política que manteñen dende hai tempo Partido Popular e goberno bipartito. Nesta ocasión os populares arremeteron contra o equipo de goberno por non ter tomado algún tipo de medida de prevención á hora de realizar esta obra.

O voceiro popular foi máis alá ó poñer en seria dúbida que a vivenda adquirida para o futuro Museo do Mar fose unha antiga fábrica de salgadura, anunciando que pedirá explicacións a este respecto ó Ministerio de Cultura, a través dos seus deputados en Madrid.

Rápida resposta

Dende o concello sonense non tardaron en respostar, acusando ó Partido Popular de querer utilizar esta desgracia como arma arroxadiza contra o equipo de goberno.

Xoán Xosé León negou ademais as afirmación realizadas polo voceiro do PP sonense, sinalando que dende un primeiro momento tanto o alcalde, Xoán Pastor Rodríguez, como a edil responsable de obras, Ánxela Franco, desprazáronse ó lugar do sinistro para interesarse polo acontecido, poniéndose dende un primeiro momento a disposición da familia afectada.

Por outra banda dende o concello sinalan ademais que non existe irregularidade algunha na tramitación da solicitude de subvención ó ministerio de Cultura para esta actuación.

Redacción Barbanza