O xuíz sinala a indemnización mínima para os traballadores de Alfageme

    sentencia copia100.jpgSALNÉS> A conserveira finalizará o ERE suspensivo no que está inmersa para pasar a un extintivo, camiño da liquidación.

    {flowplayer}images/salnes/SENTENCIA_ALFAGEME.flv{/flowplayer}

    20 días por ano traballado será a indemnización que reciban os preto de 200 traballadoras de Alfageme polo seu despido. Despois de 16 meses de loita polos seus postos, o xuíz desoe as peticións de CIG e CCOO dunha compensación de 30 días por ano. Un auto que será recorrido pola CIG.

    A finais deste mes, a empresa entrará no convenio de acredores. O seguinte paso será a liquidación, na que tanto CIG como CCOO teñen a mirada posta para intentar conseguir a recolocación das traballadoras.

    Esta tarde a CIG criticou a postura tomada nas negociacións da CXT, uníndose ás declaracións que a comezos desta semana fixera CCOO.

    Ambos sindicatos anunciaron que manterán reunións durante esta semana coas traballadoras para informalas da nova situación.

    Redacción Salnés