Morre afogado ó tentar salvar a unha moza

afogadotestal_100_060807.jpgNOIA > Un home de 75 anos perdeu a vida o sábado na noiesa praia de Testal tras botarse á auga para intentar rescatar a unha moza que pedía auxilio.

A pesar de que a marea estaba moi baixa e non había corrientes, suponse que o accidente ocorreu nun desnivel que provoca o canal do río Tambre, pero aínda se descoñecen as causas da morte. O falecido era o veciño de Noia, Álvaro Freire Gómez. 

A calurosa mañá que se estaba a vivir o sábado na praia de Testal en noia, encheuse de escenas de dor e de grande nerviosismo cando se coñeceu a noticia do falecemento do veciño da localidade, Álvaro Freire Gómez.

Este noiés de setenta e cinco anos faleceu ó tentar rescatar a unha moza que pedía auxilio dende a auga. Na zona onde se atopaba a rapaza, a auga a penas chegaba ata a altura das cadeiras, pero coincidía co fluxo de corrientes do río tambre, que provoca un desnivel, polo que a moza puido ter problemas para manterse a flote.

Cando comezou o rescate, todo facía prever que sería sinxelo e rápido, pero por causas que aínda se descoñecen, Freire Gómez perdeu a vida, despois de axudar a que a rapaza saíse ilesa da auga. Posteriormente, unha embarcación de recreo que navegaba pola zona sacou o cadáver da auga e, cando chegaron os socorristas, levarono a terra nunha lancha da confraría noiesa.

Á espera de que a autopsia determine as causas da morte, fontes de protección civil indicaron que o cadáver tamén presentaba indicios de ter recibido un golpe na cabeza, pero este dato non é determinante mentres non se coñezan os resultados da autopsia.

Redacción Barbanza