‘O PSOE fíxonos un fraco favor coa moción sobre a planta de baterías’

    mitsubishi copia.jpgVILANOVA> O goberno local asegura que leva máis de seis meses traballando en segredo para que a empresa de Mitsubishi se instale no polígono de Baión.

    {flowplayer}images/salnes/MITSUBISHI_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    O concello de Vilanova leva traballando máis de seis meses para que a firma xaponesa Mitsubishi levante a súa planta de baterías de litio no polígono de Baión. Ata o de agora non dixeran nada porque tanto a Xunta como as demais administracións e axentes implicados na operación pediran confidencialidade. Un segredismo que onte rachaba o grupo dos socialistas vilanoveses ó anunciar que levarán ó pleno do día 29 unha moción para instar á Xunta que tivera en conta nestas xestións a Vilanova. Chegaron tarde.

    Segundo explicaron dende o goberno local, a concellería de comercio e industria iniciou xa en abril os contactos cos enxeñeiros xaponeses responsables do proxecto. Xa lles achegaron un cuestionario no que lles demandaban información sobre as características do parque industrial, desde a calidade do terro, a superficies, posibilidades de expansión, posibilidades de recibir incentivo á investigación ou mesmo colexios bilingües próximos para os fillos dos enxeñeiros que se teñan que desprazar.

    Para a instalación da planta precísanse inicialmente 100.000 metros cadrados de superficie cha, unha das maiores vantaxes coas que conta o parque de Vilanova. Outra das obras que xa puxeron en marcha para gañar puntos nesta carreira pola planta é a construción do enlace entre O carballo e o Ramal do Porto de Vilagarcía, para poder trasladar a materia prima que chegaría por mar ata o peirao arousá. Desde o goberno de Vilanova aseguran que neste punto contaron con toda a colaboración do executivo vilagarciá, posto que a implantación da factoría non só suporía 1.500 postos de traballo para Arousa, senón tamén potenciar a actividade do porto de Vilagarcía.

    Redacción Salnés