Galicia quere a súa propia DOP de aceite de oliva

    PORTAS> Os produtores galegos de aceite de oliva aspiran a impulsar a Denominación de Orixe protexida de Aceite e aceituna de Galicia. Nestes momentos a Asociación aglutina a uns 100 produtores. Na comarca as plantacións de oliva van gañando terreo, e esta mañá estivemos nunha de Portas, a piques de comezar a súa primeira recolleita. Desde hai anos Galicia explora as súas posibilidades como terra produtora de aceite. Aínda que a idea parece exótica, debido á pouco vinculación da terra e o clima con este produto, desde a APAG, Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, asegúranos que hai unha relación histórica. Miguel Piñeiro é un produtor de viño, que desde hai catro anos decidiu embarcarse na aventura dos olivos, no concello de Portas, con esta plantación. Esta fin de semana levarán a cabo a primeira colleita. Desde a Asociación, que aglutina en Galicia xa uns 100 produtores, aseguran que seguirán impulsando a creación de máis plantación. Ó igual que o noso viño, os produtores agardan que a oliva sexa unha aposta segura de rendibilidade económica.