A Fundación Amigos de Galicia redobra esforzos ante a crise

    VILAGARCIA> A actual crise económica está a favorecer a aparición de novos pobres: xente que ate o de agora vivía asentada na clase media, e que,…

    {flowplayer}images/salnes/touris_fundacion_amigos_galicia.flv{/flowplayer}

    … a consecuencia da crúa situación económica se veu abocada a pedir axuda ás ONG´s que traballan nas Rías Baixas. É o caso da Fundación Amigos de Galicia que traballa en toda a comunidade cun plantel de 8 traballadores e 271 voluntarios. Cada día traballan a prol dos máis desfavorecidos, distribuíndo productos de necesidade básica e asesoramento.

    Esta foi a realidade que veñen de coñecer máis de preto o Delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole na súa visita á sé de Fundación Amigos de Galicia en Vilagarcía. Amigos de Galicia recibe axuda de organismos como o goberno galego, español e europeo e dos executivos locais,así como de empresas e cidadáns particulares.

    Con esta axuda desinteresada aporta roupa, alimentos ou mesmo axuda para sufragar gastos cotiás e imprescindibles. Os seus usuarios cada día van a máis e teñen un perfil máis variado, especialmente pola grave situación de crise que estamos a atravesar.

    Para paliar estas múltiples dificultades xeradas, na meirande parte dos casos pola falla de emprego; deron en crear unha oficina de colocación que, malia que xa está en funcionamento, está a piques de pechar tódolos permisos que precisa.

    Redacción Salnés