Preocupación en Sanxenxo e O Grove ante o posible repunte de casos trala Semana Santa

SANXENXO/O GROVE> Xa está aquí a Semana Santa. Por diante, o desafío de que a ponte festiva non provoque un repunte dos casos de coronavirus. No Grove e Sanxenxo prepáranse para esta longa fin de semana facendo un chamamento aos turistas de fóra de Galicia a que cumpran as normas e non veñan. Nestes momentos ambas localidades rexistran nestes momentos datos preocupantes: Sanxenxo superando o medio cento e O Grove, pasando de 0 a 22 en cuestión de días.

A chegada dunha cuarta vaga pode depender do que pase nestes vindeiros días. Municipios turísticos como é o caso de Sanxenxo ou O Grove enfróntanse á Semana Santa con preocupación, ante un posible empeoramento dos datos como consecuencia do desembarco de visitantes.

Preocupa, especialmente, a chegada de persoas de fóra de Galicia, que accederían á comunidade saltando o seu peche perimetral.

Unha postura que comparte tamén o alcalde de Sanxenxo, a prol do cumprimento das restricións vixentes. Con todo, Telmo Martín cre que o problema non é de onde veñan os visitantes, senón o seu comportamento.

Sanxenxo pasará esta ponte en nivel alto de restricións, con 54 casos activos a día de hoxe. Pola súa banda, O Grove, que está no nivel baixo, está sufrindo un considerable incremento dos casos pasando dos 0 ao 22 que se rexintran hoxe en cuestión de días.