Louro visita o novo edificio da Delegación da Axencia Tributaria

    AXENCIA_TRIBUTARIAcopy.jpgPONTEVEDRA> Segundo o Delegado, as novas instalacións veñen a modernizala administración e a ofrecer un mellor servizo ós cidadáns.

    {flowplayer}images/salnes/TRASPASO_AXENCIA_TRIBUTARIA.flv{/flowplayer}

    Cunha superficie de cinco mil metros cadrados, a nova Sede da Delegación da Axencia Tributaria en Pontevedra puxo en marcha esta mesma mañá os seus servizos a disposición dos veciños da localidade.

    Coincidindo con esta apertura, o Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, visitou as novas instalacións xunto ó Subdelegado do Goberno en Pontevedra. Louro destacou que o inmoble ven a permitir aglutinar nun único edificio tódolos servizos da Administración Tributaria o que ven a ofrecer un mellor servizo ós pontevedreses.

    Entre as dotacións máis destacadas cabe salientar un local específico para o desenvolvemento de campañas de renda, un salón de actos, un local de almacenamento e arquivos. Ademais, os tres accesos dos que dispón o edificio están totalmente adaptados para o seu uso por parte de persoas con discapacidade.

    A nova sede supuxo unha inversión de nove coma cinco millóns de euros.

    Redacción Salnés