Detidos os dous presuntos agresores dos mozos senegaleses

    RIBEIRA> Detidos os presuntos autores da agresión sufrida por dous mozos senegaleses a madrugada do pasado sábado en Ribeira. Despois de que as vítimas identificaran, mediante fotografías, a un dos mozos que lles propinou diversos golpes, a Policía Nacional procedeu á súa detención. Trátase dun veciño da parroquia de Olveira, de vinte e cinco anos, que trala súa detención solicitou o ‘habeas corpus’ demandando a súa posta en liberdade. Despois de escoitar os seus argumentos, alegando arbitrariedade na súa detención, a xuíza de garda desestimou a petición. Arestora o detido permanece en dependencias policiais á espera de pasar a disposición xudicial. Xunto a el, os axentes tamén procederon á detención do seu irmán, menor de idade, pola súa presunto implicación no suceso.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí