O proxecto ‘Rimartes’ saca á luz os tesouros afundidos no noso mar

CARNOTA> O Hotel Faro Lariño acolleu a presentación do proxecto ‘Rimartes: Riquezas do Mar, Tesouros do Profundo’. Trátase dunha iniciativa desenvolvida conxuntamente polos GALP Costa Sostible, Costa da Morte e Golfo Ártabro Sur para a promoción do mergullo arqueolóxico.

A riqueza do patrimonio submarino de Galicia convértea nun destino perfecto para os amantes do mergullo recreativo. Aproveitar ese enorme potencial é que busca o proxecto ‘Rimartes. Riquezas do Mar, tesouros do profundo’ que veñen de poñer en marcha os GAlP Costa Sostible, Costa da Morte e Golfo Ártabro Sur. Entre os tres abarcan máis de 300 quilómetros de costa e medio cento de pecios afundidos.

Tralas xuntanzas sectoriais desenvolvidas durante o pasado mes principalmente cos centros mergullo pero tamén con confrarías e asociacións turísticas, hoxe tivo lugar a presentación oficial do proxecto no Faro de Lariño, un lugar simbólico marcado polo naufraxio do Ariete.

En definitiva, un valor único que atrae a un perfil de visitante específico que busca tamén a singularidade no aloxamento. Por este motivo, traballarase en colaboración co sector hostaleiro para involucralo neste proxecto que redundará nunha maior afluencia de visitantes á costa galega, atraídos polos tesouros do profundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí