Os veciños afectados continúan coa reparación dos danos do tornado

    tornadorianxo.jpgBARBANZA> Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais pero si materiais, e ademais cuantiosos. Na maioría dos casos os maiores problemas producíronse nos tellados das vivendas.

    {flowplayer}barbanza/tornadorianxo.flv{/flowplayer}

    Os feitos aconteceron ó redor das oito da noite do pasado venres. O tornado, que durou tan só uns segundos, conseguiu levarse ó seu paso todo o que atopaba por diante: árbores, viñas, postes de cemento ou mesmo tellados. En Rianxo, unha das zonas peor paradas, chegaron a contabilizarse ata un total de trece vivendas danadas. As máis prexudicadas no lugar do Pazo, aínda que tamén houbo inmobles que resultaron afectados en Somoza e Vilas, así como tamén en Abanqueiro, no concello de Boiro, lugar no que ó parecer se orixinou o remuíño.

    Reparacións

    Aínda co susto no corpo a maioría dos veciños afectados realizaban esta mañá, entre escampada e escampada, labores de acondionamento nos tellados das súas vivendas para evitar que a auga da chuvia danase ainda máis as súas casas. Aqueles máis afortunados que tiñan as súas vivendas aseguradas, seguían agardando pola chegada dos peritos das compañías para avalia-los desperfectos causados polo temporal.

    Redacción Barbanza