BOIRO> Boiro será o único concello da provincia e un dos poucos de España que garanta a accesibilidade cognitiva en tódalas mesas electorais. Contan con pictogramas para que as persoas con diversidade funcional poidan exercer o seu dereito ó voto con plenas garantías.
Ó longo dos últimos anos, o concello de Boiro levou a cabo diversos cambios na ubicación dos colexios electorais para garantir a súa accesibilidade e facilitar o dereito a voto das persoas con mobilidade reducida. na última cita electoral, as municipais do pasado mes de maio, deron un paso máis cara a accesibilidade cognitiva coa instalación de pictogramas en tódalas mesas electorais.
En todo este proceso foron da man da asociación AMICOS que, a través do seu equipo de validadores realizan a adaptación cognitiva de espazos e edificios públicos, tal e como relatan Pilar e Miguel.
Dende o concello agradeceron a proposta e colaboración de AMICOS que converteu a Boiro no único concello da provincia que garante a plena accesibilidade nas citas electorais.











