O éxito dos campamentos de verán de Outes deixan a algún solicitantes en lista de agarda

OUTES> O concello de Outes vén de publicar as listaxes de admitidos nos campamentos de conciliación de verán. Desenvolveranse en varias quendas, dende o 22 de xuño ó 8 de setembro, dando cobertura a todo o período non lectivo.

A alta demanda de prazas para os campamentos de conciliación de Outes fixo que algúns solicitantes quedaran en lista de agarda. Están dirixidos a nenos de 3 a 16 anos e organízanse en 5 quendas cun máximo de 50 prazas en cada unha.

Desenvolveranse nas instalacións do colexio de A Serra, en horario de oito a catro da tarde. Ademais das actividades lúdicas a celebrar no propio centro, desenvolveranse excursións e saídas a outros espazos de lecer do concello. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí