![]()
POBRA > O concello da Pobra do Caramiñal vén de sumarse a unha experiencia piloto de recollida selectiva para a reciclaxe de discos compactos.
Esta iniciativa pioneira á que vén de sumarse o concello pobrés permitirá a recollida selectiva dos cd’s que estean fóra de uso, para a súa posterior reciclaxe e reutilización.
O proxecto denominado Cederika e posto en marcha xa no País Basco, consiste basicamente na instalación de varias máquinas que destruirán a información contida nos discos. Deste xeito os seus propietarios poderán depositalos tranquilamente nuns contedores específicos para a súa posterior clasificación e tratamento específico.
A inicitiva terá un custe para as arcas municipais duns 130 euros anuais, unha cantidade que para o edil de Medio Ambiente non deixa de ser simbólica, xa que a implantación deste sistema de xestión posibilitará a implicación da cidadanía no desenvolvemento de actitudes medioambientais positivas.
Os lugares escollidos para a ubicación dos contedores serán a propia casa consistorial, a casa de cultura e o instituto. O director deste último que tamén participou na presentación da campaña valorou moi postivamente a experiencia.
Redacción Barbanza







