Máis de 2.000 sinaturas en contra do proxecto da PO-308

    PLATAFORMA_PO308copy.jpgSANXENXO> A plataforma de afectados presentou as firmas no concello antes de reunirse coa alcaldesa, un encontro que valoran como ‘positivo’.

    {flowplayer}images/salnes/FIRMAS_PLATAFORMA_PO308ok.flv{/flowplayer}

    2192 sinaturas e noventa alegacións ó proxecto da PO-308 no seu tramo desde Portonovo ata a Lanzada. Este é o resultado do traballo realizado pola Plataforma de Afectados ante o seu desacordo con este proxecto. Uns apoios que cumpriron tódalas súas expectativas e que aumentaron trala asemblea xeral que celebraron onte na Casa Forestal de Noalla. Esta mañá presentaron todos estes apoios no rexistro do concello.

    A primeira hora da tarde tiveron un encontro coa alcaldesa no que lle expuxeron as súas reivindicacións con respecto a este plan. Desde a Plataforma valoraron moi positivamente esta reunión e aseguraron que a rexedora se comprometeu a estudalas súa demandas e comprometeuse a solicitar unha reunión coa Xefa Territorial de Infraestruturas en Pontevedra. Confían en que a alcadesa os axude neste proceso. Para eles, desde un comezo, a solución pasaba por un encontro cos técnicos da Xunta e poder chegar a un entendemento. 

    O período de presentación de alegacións remata mañá polo que confían en que se presenten moitas máis. Desde a plataforma informaron que no caso de que non se atendan as súas peticións comezarán coas mobilizacións.

    Redacción Salnés