A música urbana, feminina e galega poñerase en valor en Vilagarcía co festival A Lonxa do Ritmo

VILAGARCIA> Vilagarcía presenta de novo, a primeira edición do festival de música urbana A lonxa do Ritmo. O evento que ía a celebrarse o 28 de decembro  aprazouse por seguridade sanitaria e agora regresa con 4 días de concertos. Mantén aos artistas anunciados e presenta novos grupos onde destacan as mulleres e a música en galego.

O pasado 28 de decembro, estaba previsto celebrarse en Vilagarcía a primeira edición do festival de música urbana A Lonxa do Ritmo. Un evento que foi cancela por seguridade sanitaria por motivo da pandemia. Coa mellora da situación, Vilagarcía recupera un festival enfocado á xente máis moza.

O festival celebrará agora catro días de concertos entre o meses de marzo e maio. O día 12 de marzo actuarán Las Ninyas Del Corro e Machete en Boca, pechando o concerto Teresa Ferreiro. O día 2 de abril actuarán os artistas que estaban contratados para decembro: Love Yi, Tekilas e Iaghost, aos que se une Sir Lamar. O día 16 actuarán artistas da zona como a vilagarciá Wyygga, xunto con Ann Trash, Huerita e Xiabre Ski Club. E pecharase o 14 de maio co concerto de Rebeliom do Inframundo e Son da Rúa. No cartel predomina a música en galego.

No festival tamén terán unha representación ampla as mulleres. Poñendo de manifesto a súa importancia na música urbana.

O cartel do festival leva a imaxe de Lorca para conmemorar o 90 aniversario da súa visita a Vilagarcía coa súa compañía de teatro. A pesar da mellora sanitaria, os organizadores manterán unha ocupación máxima de 550 persoas. As entradas xa están á venda en woutick.es

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí