Preséntase en Catoira a senda verde que unirá As Torres con Valga

    sendaverdecatoira_100_050207.jpgCATOIRA > Xa comezaron os traballos de construcción da senda verde, un proxecto que vai moito máis alá da propia senda peonil.

    Para explica-lo proxecto da senda verde, achegáronse ata Catoira a delegada de Costas en Pontevedra, un técnico que explicou os traballos que se van executar nos vindeiros meses e o subdelegado do goberno, quen recordou que acaba de cumprirse unha vella aspiración do Concello.

    sendaverdevisita_300_050207.jpgO proxecto, que executará Indeza, ten un orzamento de case 700.000 euros e consta de varias actuacións, a máis importante a propia senda, que continuará o paseo marítimo de Catoira feito no 94. Trátase dunha actuación sobre a marxe esquerda do rio Ulla, entre as Torres e o límite con Valga. O paseo medirá máis de dous quilómetros e permitirá abrir unha servidume de paso, ademais de recuperar unha zona de dominio público.

    Baixo a ponte de Catoira farase unha praza circular e preto desta, construirase un pantalán flotante e unha senda peonil de terra batida alternándoa con tramos de madeira. Ademais canalizarase a rede eléctrica, instalaranse máis de 1.400 metros cadrados de céspede, mobiliario urbano e plantaranse diversas especies de árbores.

    Criminalidade

    Ademais de explica-lo proxecto da senda verde, o subdelegado destacou os bos datos que presenta Catoira en canto a criminalidade, xa que ten unha das cotas máis baixas de todo o estado. O alcalde asegurou que se sinten moi satisfeitos do traballo da Garda Civil e confirmou que non pensa sacar unha praza de policía local, xa que, para ser operativo o servizo, habería que contar con 4 ou 5 e o Concello non pode soportar este gasto.

    Redacción Salnés