Canal Rías Baixas emitirá contidos específicos para Muros-Noia

repetidormonteserres.jpgMUROS> Canal Rías Baixas ampliará a súa área de cobertura coa instalación dun novo repetidor de TDT en Monte Serres.

{flowplayer}barbanza/repetidorserres.flv{/flowplayer}

O vindeiro martes día 30 é a data prevista para o inicio das emisións dende o novo repetidor en Monte Serres, en Muros. Emitirá a través da canle 27, ó igual que o repetidor de San Lois, cunha programación específica para a comarca de Muros e Noia.

O novo dispositivo reforzará o sinal naqueles puntos de Muros, Outes e Porto do Son onde chegaba de xeito máis débil ó tempo que se amplía a nosa cobertura a concellos como Carnota, Fisterra ou Mazaricos.

Unha vez en servizo este novo repetidor, o de Xiabre deixará de emitir pola canle 27. A data prevista é o próximo seis de xaneiro polo que aqueles fogares que reciben o sinal mediante este repetidor deberán adaptar as instalacións á canle 47.

Ampla cobertura

A dotación deste novo dispositivo, unido ó de Monte Castrove, en Meis, operativo dende hai uns días, completa unha ampla rede que converte a Canal Rías Baixas na televisión local galega con máis repetidores da TDT. 

Isto permítenos mellorar o sinal dixital das nosas emisións dando cobertura ó noventa e cinco por cento da poboación das comarcas de O Salnés, Caldas, O Barbanza e Muros-Noia.

Redacción Barbanza