POBRA> Tamén no Barbanza se celebrou hoxe o Día de Rosalía de Castro. Un dos actos principais tiña lugar na Pobra onde se desenvolveu un acto institucional en homenaxe á autora padronesa que incluíu a lectura dun manifesto e unha ofrenda floral.
O concello da Pobra do Caramiñal celebrou esta mañá o Día de Rosalía de Castro. Fíxoo nun acto institucional que se desenvolveu na propia praza que leva o nome da escritora padronesa e no que participou parte da corporación municipal, así como tamén numerosos veciños. O acto incluíu a lectura dun manifesto na que se puxo de relevo a figura da autora do ‘Cantares Gallegos’.
A celebración, que incluíu tamén a lectura de varios poemas, rematou coa tradicional ofrenda floral ó pé da escultura en homenaxe á autora.