Jorge Atán: ‘Noia é un concello tranquilo’

NOIA> O subdelegado do goberno na Coruña presidiu, xunto co alcalde, a reunión da Xunta Local de Seguridade.

{flowplayer}barbanza/xuntalocalseguridadenoiamaio13.flv{/flowplayer}

Ás portas da casa consistorial noiesa, o subdelegado do goberno na Coruña, Jorge Atán, foi recibido polo alcalde, Rafael García Guerrero. Os motivos da súa visita non eran outros que presidir a xunta local de seguridade na que ademais deles dous, tomaron parte o coronel xefe da comandancia da Garda Civil na Coruña, o tenente do subsector de Tráfico en Santiago, o comandante do posto da Garda Civil noiesa e o xefe da Policía Local. No transcurso da xuntanza analizouse a evolución da seguridade cidadá a nivel municipal que, segundo o propio subdelegado, mantense nuns niveis baixos, semellantes ós do mesmo período do ano anterior.

Nova Xunta Local

Segundo explicou o propio subdelegado, está prevista, en próximas datas, unha nova xuntanza deste órgano, co obxectivo de analizar máis polo miúdo os índices delitivos e os niveis de esclarecemento dos casos, na que ademais se crearía unha comisión de coordinación entre os distintos corpos de seguridade do Estado a nivel local.

Visita á casa cuartel

Antes da reunión, o subdelegado do goberno realizou tamén unha visita ás instalacións do posto da Garda Civil noiesa para coñecer máis de preto o traballo dos axentes.

Redacción Barbanza