Os “Soños” de Miguel Vidal chegan ao Museo de Pontevedra

Pontevedra> Dende o 16 deste mes e ata o 16 de abril o Museo de Pontevedra acolle a exposición Soños de Miguel Vidal. Unha mostra composta por 60 fotografías deste artista e que se converte na primeira exposición monográfica dun fotógrafo actual. 

 

O Sextos Edificio do Museo de Pontevedra acolle dende o 16 de febreiro ao 16 de abril a exposición Soños de Miguel Vidal. Unha mostra que segundo destacou o director desta entidade, se converte na primeira gran exposición monográfica dun fotógrafo actual. 

Unha exposición que segundo o seu comisario consegue introducirnos de cheo na mente de Miguel Vidal. O seu autor dixo que esta mostra esta exposta de tal maneira que é o espectador o que interpreta cada un dos seus traballos, dos seus soños. 

O artista dixo que esta é unha exposición que nace co fin de ir medrando e de incluso atravesar fronteiras. O deputado de Cultura destacou que se trata dun fito histórico que o Museo acolla esta mostra de fotografía contemporánea. 

Unha exposición que poderán ver dende o 16 deste mes ata o 16 de abril. Unha exposición composta por 60 fotografías que ocupan un total de 140 metros cadrados lineais do Sexto Edificio pontevedrés. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/sonos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/sonos.mp4{/flowplayer}