A Subdelegación conmemora o Día contra a Violencia de Xénero

    SUBDELEGACION_GOBERNOcopy.jpgPONTEVEDRA> Con tarxetas vermellas, autoridades e colectivos implicados mostraron o seu rexeitamento ós maltratadores.

    {flowplayer}images/salnes/DIA_VIOLENCIA_XENERO.flv{/flowplayer}

    ‘Sácalle a tarxeta vermella ó maltratador’. Este é o lema da campaña que o Ministerio de Sanidade,a través do Departamento de Igualdade, puxo en marcha con motivo da celebración deste día. Diferentes autoridades do mundo da política e colectivos implicados nesta loita concentráronse diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra para manifestar o seu rexeitamento ós maltratadores. Segundo Delfín Fernández un acto sinxelo pero simbólico.

    No que vai de ano, na provincia de Pontevedra non houbo que lamentar ningunha vítima mortal por violencia de xénero. Pero son mil centro vinte e cinco as que contan cunha orde de protección.

    Así o asegurou a responsable da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno quen tamén confirmou o aumento das denuncias por agresión por parte de mozas de entre dezaoito e vinte e catro anos.

    Delfín Fernández engadiu que é preciso unha implicación de tódolos cidadáns e administracións para conseguir que non exista nin unha vítima por violencia de xénero.

    Redacción Salnés