POBRA> Esta semana iniciábase a escavación do xacemento do castro da Croa en Postmarcos. Unha actuación, financiada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural cunha achega duns 18 mil euros.
Segundo se informou no trascurso da visita á zona realizada esta mañá pola delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, e o alcalde, José Carlos Vidal, a escavación ten por obxectivo afondar na historia do xacemento, un dos máis importantes e singulares da comarca. O primeiro castro, ademais, de interior, que se escava do Barbanza.
O concello da Pobra segue así coa súa política de recuperación do patrimonio arqueolóxico, iniciada xa coas escavacións desenvolvidas na Corte do Santo que permitiron identificar e rexistrar un lugar de culto durante a época castrexa.










