Desaparece unha muller en Caldas

    anavanessa copia100.jpgCALDAS> O entorno de Ana Vanessa Búa Folgar, de 29 anos e veciña de Caldas, leva sen noticias delas dende hai dúas semanas.

    {flowplayer}images/salnes/MOZA_DESAPARECIDA_CALDAS.flv{/flowplayer}

    Foi a irmá de Ana Vanesa a que decidiu dar parte á Garda Civil da súa desaparición o pasado día 17. A pesares de que a familia apenas mantiña relación con ela, a voz de alarma saltou cando unhas amigas da muller dixeron que non tiñan noticias dela dende había seis días.

    Hai tempo que Ana Vanessa marchara da casa dos seus pais, no lugar de Paradivas, na parroquia caldense de San Andrés de César. Na actualidade, a muller vive nun piso do centro de Caldas cun compañeiro. Por iso, para a familia non ter noticias súas é algo común.

    A irmá da desaparecida pide a colaboración cidadá coa Garda Civil para atopar a Ana Vanessa, pero que a xente evite crear falsas esperanzas con mentiras á familia. María Teresa asegurou ter recibido nos últimos días unha chamada que ubicaba á súa irmá nun bar da zona, unha información que resultou ser falsa. Á espera de máis pistas, a Garda Civil está a traballar nas labores de busca. Pero polo de agora non contan con ningún dato que puidera indicar o seu paradoiro.

    Redacción Salnés