OUTES> A zona, de alto valor ambiental e ecolóxico, convertérase nos últimos anos nun vertedoiro ilegal no que se acumulaban toneladas e toneladas de residuos.
A zona de Espiñeiro está libre xa de residuos. Nos últimos anos o lugar convertérase nun vertedoiro ilegal, onde se acumulaban toneladas de lixo. A actuación de rexeneración levada a cabo pola Demarcación de Costas do Estado, en colaboración co concello de Outes, permitiu a recuperación deste espazo cun gran valor medioambiental.
Pero o Concello xa ten en mente unha nova actuación para a zona. Da man da propia Demarcación de Costas, estuda agora diversas opcións para poñela en valor ó tratarse dun espazo natural, que está incluído na rede de espazos naturais protexidos a escala da Unión Europea mediante a figura da Rede Natura 2000.