Cambados converte a súa praza nun espazo terrorífico pero con produtos de gran calidade

CAMBADOS> A praza de Cambados prepárase para a chegada do Samaín. Concello e vendedoras adornan o mercado de abastos coa decoración típica destas datas. Ademais tamén organizarán un concurso de fotografía para aqueles que queiran sacarse unha instantánea coa decoración. Con esta iniciativa agardan incentivar as compras na praza cambadesa.

Un praza terrorífica pero con produtos de gran calidade. Así loce o mercado de abastos de Cambados para festexar o Samaín. Os postos están cubertos con teas de araña, pantasmas ou cabazas. O obxectivo é fomentar as vendas na praza cambadesa.

Foron as propias praceias as que propuxeron ao concello levar a cabo esta iniciativa. Para a decoración contaron coa colaboración do obradoiro de dinamización cultural. Tanto as vendedoras como os clientes mostraron a súa satisfacción por este traballo.

Ademais da decoración, o concello tamén organizará un concurso de fotografía online coa colaboración de Zona de Centro.

Os premios serán repartidos en vales compra para gastar nos negocios de proximidade de Cambados. O concurso estará aberto ata o martes 2 de novembro e os gañadores decidiranse o mércores. Os interesados poden achegarse ao mercado de abastos a facer a súa fotografía e aproveitar para degustar os produtos cambadeses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí