Alomenos tres detidos no marco da operación ‘Limón’

    policia copia100.jpgVILANOVA> A Policía Nacional realizou dúas redadas onte nunha operación contra o tráfico de drogas a media escala.

    {flowplayer}images/salnes/OPERACION_LIMON.flv{/flowplayer}

    Efectivos da Policía Nacional e da policía secreta desprazáronse onte ó mediodía ata Vilanova. Foi nun céntrico piso da vila onde comezou a redada enmarcada na operación Limón, contra o tráfico de drogas a media escala dirixida polo xulgado de primeira instancia número 2 de Vilagarcía.

    Axudados de cans adestrados e diferentes aparellos, os axentes rexistraron o inmoble e os seus trasteiros, propiedade ambos dun veciño de Vilanova natural de Corón de entre 35 e 38 anos. Este home, coñecido co nome de Limón e propietario dunha pequena empresa de construción, é o que a investigación sinala como o suposto cabecilla da rede de tráfico de cocaína e hachís na comarca.

    Durante a redada, os axentes tamén rexistraron unha casa en construción que este vilanovés posúe no lugar de Rañas, na parroquia de Tremoedo.

    A operación, que está baixo secreto sumarial, rematou con tres persoas detidas, entre elas o propietario dos dous inmobles. Espérase que ó longo do día de hoxe pasen a disposición xudicial.

    Redacción Salnés